Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2026

Xuntáse o texto da Orde pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2026. A data prevista de publicación no DOG é o 6 de marzo de 2026.

Prazo de presentación de solicitudes:
    • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 16 de marzo e 26 de marzo de 2026, ambos os dous incluídos.

    • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 16 de marzo e 26 de marzo de 2026.