Información xeral e documentación sobre proxectos europeos

O IES A Pontepedriña está acreditado coa carta ECHE que lle permite participar no programa Erasmus+ con proxectos propios para o envío de alumnado dos Ciclos Formativos de Grado Superior a realizaren a Formación no Centro de Traballo (FCT) no estranxeiro ou ben como prácticas como recén titulados e tamén ao profesorado participar en mobilidades job shadowing.

Asimesmo, forma parte desde o curso 2021-22 do Consorcio da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia para o envío de alumnado de ciclos medio e básico e profesorado deses ciclos a mobilidades formativas.

No caso da FCT, para realizar as prácticas no estranxeiro, existe tamén outra alternativa de financiamento mediante a Consellaría de Educación.

O programa da Comisión Europea, “Erasmus for all” ou “Erasmus+”, veu substituir todos os programas previos (Comenius, Erasmus, Leonardo da Vinci, Grundtvig, Xuventude en Acción etc.) desde o ano 2014. 

O IES A Pontepedriña pretende ofrecer unha educación integral, baseada en valores como o respecto, a tolerancia e a solidariedade. Este centro traballa día a día para promover a creatividade, a innovación e o espírito crítico entre o seu alumnado, co fin de formar cidadáns responsables capaces de afrontar os retos do mundo actual.