As ensinanzas de formación profesional están organizadas en ciclos formativos básicos, medios, superiores e cursos de especialización.
Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.
Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo ou curso de especialización (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.
Cada tipo de oferta, modalidade e grao ten un proceso de admisión diferenciado. Consulte as instrucións xerais e os calendarios.
Máis información no portal da Consellería:
Período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior, do 24 de febreiro ao 12 de marzo de 2025, ambos os incluídos.
Pode consultar a Orde do 4 de febreiro de 2025 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:
Máis información:
Adding {{itemName}} to cart
Added {{itemName}} to cart