Calendario escolar para o curso 25-26

O vindeiro curso escolar 2025-26 comezará o día 8 de setembro de 2025 e rematará o 19 de xuño de 2026. Este calendario, que publica o Diario Oficial de Galicia rexe para todas as etapas educativas. No caso de 2º curso de Bacharelato as clases rematarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de acceso á universidade, ABAU.

  • VACACIÓNS DE NADAL: do 22 de decembro de 2025 ao 7 de xaneiro de 2026, ambos inclusive
  • ENTROIDO:os días 16, 17 e 18 de febreiro de 2026
  • SEMANA SANTA: do 30 de marzo o 6 de abril de 2026, ambos inclusive.
  • DÍAS FESTIVOS: Son días festivos os así declarados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da antedita consellería: o 3 de novembro e 8 de decembro de 2025. Así como, o 19 de marzo e o 1 de maio de 2026. En Santiago a Ascensión, día 14 de maio de 2026.
  • DÍAS NON LECTIVOS: Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma así como o Día do Ensino, que se celebrará o 31 de outubro.  O día escollido polo centro é o venres 15 de maio.