Se precisas solicitar o título, podes completar o seguinte formulario e poñerémonos en contacto contigo o antes posible.
Se remataches os teus estudos de Bacharelato ou de Ciclo Medio ou Superior (incluída a FCT e, para o caso de ciclos superiores, o proxecto), debes realizar o pagamento de taxas para a expedición do título.
Este pago de taxas pode facerse mediante dúas modalidades:
O pago debe facerse na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia: https://ovt.atriga.gal/ segundo estes pasos:
No apartado obxecto débese poñer un texto similar a “Expedición do título de <poñer aquí o título> de <poñer aquí o nome>”.
Unha vez feito o pago telemático, deberase retroceder ao apartado Cidadáns – Pago de taxas e prezos – Operacións realizadas e imprimir en PDF o modelo 730 para envialo ao correo electrónico ies.pontepedrina@edu.xunta.gal, xunto coa fotocopia do DNI, coa fin de rexistrar o depósito do título e expedir a correspondente certificación. Tamén se poden adxuntar no formulario a continuación.
Débese solicitar o impreso na Secretaría do IES A Pontepedriña, onde se lle indicará o trámite a seguir.
Consellería: 07-Cultura, educación e universidade
Delegación: 13-Servizos centrais
Servizo: 03-Ensino medio
Taxa: 302003-Expedición de títulos
Bacharelato |
|
Ciclos medios |
|
Ciclos superiores |
|
Adding {{itemName}} to cart
Added {{itemName}} to cart