Mocidade polo clima: Obradoiros inspiradores polo clima

No IES A Pontepedriña impartiuse o primeiro obradoiro do “Mocidade polo clima” organizado pola consellería de Medio Ambiente.

Lucía Arias, técnico de medio ambiente de Finsa-Padrón e Óscar Rodríguez, cofundador de GL Ecological Solutions foron os encargados de impartir este primeiro obradoiro.

Nas  charlas tratouse o estudio do medioambiente, a reutilización dos residuos. Tamén se falou de buscar solucións seguras e sostibles para resolver problemas reais que afectan o uso diario.