Entre os días 01 e 20 de marzo de 2024, ambos inclusive, ábrese o prazo para solicitar praza no IES A Pontepedriña.
1.- A solicitude será única, no modelo anexo II, que pode recollerse na Secretaría do centro, descargarse na aplicación “admisionalumnado” ou cumprimentarse na mesma aplicación. Se quere descargalo PREMA AQUÍ
2.- Tamén pode ser tramitada a través da Sede Electrónica. (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=ED550B ).
3- A explicación do procedemento, así como acceder a aplicación “admisiónalumnado” atópase na seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
4.- Documentación: · Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta. · Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a. · Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo I. . Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
5.- Tamén débese manifestar na solicitude se o/a alumno/a utilizará servizos complementarios (Transporte).
6.- Se o/a alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo tamén deberá indicarse e achegar a documentación que acredite as circunstancias alegadas.
7.- Lexislación que regula a admisión.
8.- De existir empate na puntuación: Resolución do 27 de febreiro de 2024, da dirección xeral de centros e recursos humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de outubro de 2022 (prema AQUÍ).
9.- Listado de vacantes para o curso 2024-25 (prema AQUÍ)
10.- Calendario do procedemento de ADMISIÓN (prema AQUÍ)
Adding {{itemName}} to cart
Added {{itemName}} to cart