

O IES A Pontepedriña tivo un papel destacado na XV Olimpíada Galega de Economía, celebrada en Ourense, onde participaron máis de 60 estudantes de toda Galicia. Noa Vidal, Sabela Torrado y Alicia Carmona formaron o equipo do instituto. Dúas delas, Noa e Sabela, foron seleccionadas como representantes galegas na fase estatal da Olimpíada, que terá lugar na Universidade de Alacante os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo de 2025. O seu excelente rendemento na fase galega permitiulles acadar esta oportunidade, situando ao IES A Pontepedriña entre os centros de referencia no ámbito da educación económica na comunidade. A súa clasificación pon en valor o traballo docente do instituto e o esforzo do seu alumnado.
Noticia na Voz de Galicia
Audio da entrevista en Radio Voz