FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2026-27

ORDE do 29 de abril de 2026 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27.

  1. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá será ata o 19/06/2025 ( este incluído).
  2. O alumnado que se incorpore ao centro fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte o da formalización de matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2027.
  3. A solicitude será única para todos os fillos e fillas que están admitidos no mesmo centro docente no curso 2026/27. Se estiveran admitidos en centros distintos presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
  4. Cando un/unha alumno/a, no momento de presentar á solicitude, non se atope admitido en ningún centro docente para o curso 2026/27, deberá presentala no centro no que estivera matriculado no curso 2025/26.
  5. O alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non teña praza en FPB no curso 2026/27 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda  poderán presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.
  6. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), dispoñible na aplicación informática (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  7. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).
  8. Opcionalmente poderanse presentar no IES ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  9. O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na aplicación informática Fondolibros (www.edu.xunta.gal/fondolibros).
  10. A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, que cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver, ao finalizar o curso, os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.
  11. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos, agás que alguén se opoña a esta consulta. Neste caso deberán indicalo no recadro correspondente e presentar os seguintes documentos: DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, Declaración do IRPF ou na súa falta Certificado tributario de imputacións no exercicio 2024. Se notifica discapacidade, Certificado de grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia.
  12. O centro ten de prazo para publicaras listaxes provisionais ata o 13 de xullo de 2026. Contra esta resolución poderán presentar reclamación nos 3 días seguintes a esta publicación.  O centro ten de prazo para publicar as listaxes definitivas ata o 27 de xullo de 2026.
  13. Documentación complementaria que debe presentarse xunto coa solicitude (Anexo I):
    • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) .
    • Copia do libro de familia.
    • Certificado de Convivencia, no caso de que o pai e a nai ou titor /es carezan de DNI e NIE.
    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello onde resida (se non pode ser polos medios anteriores).
    • Certificado ou volante de convivencia (se non pode ser polos medios anteriores).
    • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
    •  Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia.
    • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar. 
    • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 
    • Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial. 
    • En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2024, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

AXUDA MATERIAL ESCOLAR

Tramitaranse na mesma instancia que a solicitude de libros. Ten os mesmos prazos e serve a mesma documentación.
 
Documentos

1.- Anexo I
2.- Anexo II

3.- ORDE do 29 de abril de 2026 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27 (DOG do 18 de maio de 2026)