O alumnado de 1º de Bacharelato do noso centro tivo a sorte de asistir a unha inspiradora conferencia impartida polo profesor Ramón Nicolás.
Durante a sesión, achegáronse á vida e obra da escritora Begoña Caamaño, protagonista do “Día das Letras Galegas” deste ano.
Unha experiencia enriquecedora para seguir poñendo en valor a nosa cultura e literatura!



