Begoña Caamaño. Feminismo e loita social

No día de onte tivemos o privilexio de compartir un espazo con dúas mulleres referentes da cultura e da comunicación galega.

Sara Doval, historiadora e autora dunha unidade didáctica sobre Circe ou o pracer do azul, achegounos unha mirada fonda e necesaria sobre a obra e o seu valor pedagóxico.

E Concha Cid Fuentes, locutora da Radio Galega e compañeira de Begoña Caamaño, emocionounos coa súa memoria, coas palabras compartidas e coa lembranza viva dunha voz imprescindible para Galicia.

Un encontro cheo de reflexión, memoria e compromiso coa nosa lingua e coa nosa cultura.