ACCESO ESCOLAS DE ARTE | Aberta a inscrición para as probas de acceso para o curso 26/27 (Graos en Deseño e Ciclos)

Informarvos de que xa se publicaron as ordes que regulan o proceso de admisión e acceso para as ensinanzas que se imparten na EASD Mestre Mateo de cara ao vindeiro curso académico 2026/27:

CUESTIÓNS IMPORTANTES

Novidades para completar o proceso de inscrición: hai unha parte que se realiza de xeito electrónico en www.edu.xunta.es/eas e a continuación outra presencial nas secretarías das escolas (imprescindible para confirmar a matrícula).

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN (tanto para graos como para ciclos)

  • Con carácter xeral, farase en www.edu.xunta.es/eas, empregando o certificado dixital ou sistema de Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición nas secretarías das escolas.
  • As persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) deberán acceder ao formulario de inscrición directamente nos centros onde desexen cursar as ensinanzas.
  • IMPORTANTE PARA COMPLETAR O PROCESO DE INSCRICIÓN ÁS PROBAS: Unha vez inscritos a través de www.edu.xunta.es/eas, para completar o proceso de inscrición DEBERASE PRESENTAR COPIA IMPRESA E ASINADA DA SOLICITUDE NA SECRETARÍA da escola de arte e superior de deseño na que se vaia realizar o acceso ou, se solicita o acceso directo, na escola onde se queren cursar os estudos sinalados como primeira opción.

Resume dos puntos clave:

1. Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño: Graos en Deseño

  • Prazo de inscrición: 28 de abril ao 5 de xuño.
  • Modalidades de acceso:
    • Acceso directo: Só para persoas que conten cun Título Superior de Artes Plásticas e Deseño.
    • Mediante proba específica: é a mesma proba para tódalas especialidades.
  • Titulacións dispoñibles na EASD Mestre Mateo:
    • Grao en Deseño de Moda.
    • Grao en Deseño de Produto. Itinerario Xeral.
    • Grao en Deseño de Produto. Itinerario DUAL en Xoiaría e Complementos.
  • Máis información: https://easd.es/aberto-o-proceso-de-admision-e-acceso-as-ensinanzas-artisticas-superiores-para-o-curso-2026-27/

2. Ensinanzas Profesionais de Deseño: Título de Técnico Superior en Deseño

  • Prazo de inscrición: 8 de maio ao 12 de xuño.
  • Modalidades de acceso:
    • Acceso directo. Persoas que teñan algunha das seguintes titulacións:
      • Bacharelato na modalidade de Artes, ou de bacharelato experimental.
      • Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño.
      • Título Superior de Artes Plásticas ou Título Superior de Deseño.
      • Título Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
      • Licenciatura ou Grao en Belas Artes.
      • Arquitectura ou Grao en Arquitectura.
      • Enxeñaría Técnica en Deseño Industrial ou Grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.
    • Mediante proba específica: é a mesma proba para tódalas familias profesionais.
    • Mediante proba substitutiva de requisito de bacharelato + proba específica:
      • As persoas maiores de 19 anos que non cumpran os requisitos anteriores poderán realizar a proba substitutiva de titulación de bacharelato e, a continuación, se a superan, realizar a proba específica.
  • Titulacións dispoñibles na EASD Mestre Mateo:
    • CFGS en Fotografía.
    • CFGS en Técnicas Escultóricas.
    • CFGS en Xoiaría Artística.
    • Modular: Taller de Dourado e Prateado.
  • Máis información: https://easd.es/convocado-o-proceso-de-admision-e-acceso-aos-ciclos-de-artes-plasticas-e-deseno-para-o-curso-2026-27/

Para calquera dúbida técnica ou pedagóxica sobre estas titulacións podedes consultar no correo: escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.gal