Esta semana tivemos a sorte de contar con Tereixa Constenla, correspondente de El País en Lisboa, que falou co alumnado de 2º de Bacharelato sobre a Revolución dos Caraveis.
No seu libro Abril é un país, conta o 25 de abril de 1974 dunha maneira moi especial: non desde as grandes figuras, senón desde as persoas anónimas que, con pequenos xestos, fixeron posible o cambio.
Unha charla inspiradora para entender que ás veces os pequenos actos tamén fan historia
