Proxectos Erasmus para o alumnado

QUE É O PROGRAMA ERASMUS+?

É un programa de mobilidades internacionais que consiste na adxudicación de Bolsas Erasmus+ para realizar o módulo FCT (Formación en Centros de Traballo) nun país da Unión Europea.

QUEN PODE SOLICITALO?

Pode solicitar unha bolsa Erasmus+ todo o alumnado sendo maior de idade e matriculado en 2º curso dun ciclo básico, medio e/ou superior, sempre que teñan acceso á FCT.

Se o alumnado interesado for menor de idade, estudarase particularmente.

No mes de outubro de cada ano abre o prazo ordinario de inscripcións para solicitar a bolsa, cubrindo o formulario de inscrición achegado aquí abaixo. Pasado o periodo ordinario, e habendo prazas disponibles, quen solicitar unha bolsa e cumpra as condicións mínimas poderá ter opción de bolsa. 

Realizaranse charlas informativas que serán anunciadas a través dos medios habituais do centro (páxina web, taboleiro de anuncios, email etc) e a través dos respectivos titores/as.

Formulario de inscrición

Non é obrigatorio, pero sí se valora positivamente no proceso de selección dos bolseiros/as Erasmus+. As persoas beneficiarias terán acceso a un curso online na lingua estranxeira do seu país de destino. 

Durante o primeiro trimestre de cada curso realizarase un proceso de selección entre todas as candidaturas inscritas. Nel valorarase:

Atendendo a eses criterios créase unha listaxe e adxudicaranse as bolsas seguindo esa orde. No caso de non cubrirse todas as prazas na modalidade de FCT, poderíase ofertar a opción de realizar a mobilidade como recén titulados aos candidatos/as en listaxe de espera.

Nos proxectos do IES A Pontepedriña vixentes, en calquera país da Unión Europea.

A que resultar beneficiario/a da Bolsa Erasmus+, desde Programas Internacionais axudarse e asesorarase na procura dunha empresa dentro da Unión Europea pero a busca da empresa forma parte das obrigas do alumnado con bolsa Erasmus+ 

Ten a mesma duración que a FCT: 10 semanas para Ciclo Superior, 11 semanas para Ciclo Medio e 5 semanas para a FP Básica.

Realizarase no momento do curso escolar no que lle corresponde facer o módulo de FCT a cada ciclo.

​As contías das bolsas están tabuladas en función do país de destino e da duración. Percibirase o 80% do total ao inicio do Erasmus+ e o 20% restante ao final da mobilidade.

​Nesta LIGAZÓN  pódense consultar as tarifas aplicables para cálculo de bolsas.

O alumnado de Ciclo Superior que vai realizar a FCT de Erasmus+ na Unión Europea percibe a bolsa Erasmus+ e a Axuda da Xunta para realizar a FCT no estranxeiro:

O programa Erasmus+ está clasificado en diferentes tipos de proxectos en función dos estudos dos participantes. Neste caso, o alumnado de Ciclo Medio e Básico está incluído dentro dos Proxectos Erasmus+ de Formación Profesional e o alumnado de Ciclo Superior considérase dentro dos Proxectos Erasmus+ de Educación Superior (igual que o alumnado universitario). 

Daquela, cada tipo de proxecto aplica unhas tarifas diferentes.

Ten en conta o seguinte:

Se fores bolseiro Erasmus+ de CICLO SUPERIOR, deberás ter en conta que a bolsa non vai cubrir a totalidade dos teus gastos no estranxeiro. Coa axuda da Xunta para FCT poderás recuperar parte dos gastos, pero probablemente percibas este diñeiro á volta da túa mobilidade.

Debes lembrar que o Programa Erasmus+ para alumnado de Formación Profesional consiste na realización de prácticas e/ou o módulo de FCT (Formación no centro de traballo) nunha empresa. É dicir, REALIZAR XORNADAS DE TRABALLO DE 8 HORAS durante 48 xornadas laborais en Ciclo Superior e 53 xornadas laborais en Ciclo Medio, cumprindo horarios e funcións correspondentes. Por iso, esíxese do alumnado seleccionado SERIEDADE, COMPROMISO, MADUREZ E O RESPECTO QUE CALQUERA TRABALLO E EMPRESA MERECEN.

O programa Erasmus+ require de persoas con capacidade para adaptarse a un novo lugar (clima, costumes, horarios…), capacidade para resolver os conflictos que poidan xurdir, estabilidade emocional e habilidades sociais para integrarse na lugar de destino e na empresa.

As persoas que non dispoñan destas capacidades e aptitudes deben recapacitar sobre a súa participación no programa antes de solicitalo.

Preguntas Frecuentes:

Si, pódese realizar con fondos propios. A Consellaría de Educación concede unha axuda que se cobra seis meses despois de finalizar o período de prácticas.

Si, no período dun ano desde a data da avaliación final. 

Si, por exemplo no verán despois de finalizar o primeiro curso dun ciclo. Neste caso as prácticas son extra curriculares (non se trata da FCT). A asignación destas prazas está condicionada a que non as soliciten outras persoas para faceren a FCT. 

O alumnado que realiza a FCT está cuberto por un seguro da Consellaría de Educación, para accidentes e responsabilidade civil no posto de traballo.

É obrigatorio viaxar coa Tarxeta Sanitaria Europea para o caso de doenza.

Ademais, todo o alumnado que realice calquera tipo de mobilidade (FCT, prácticas extra curriculares, de recén titulado, de estudos), terá un seguro privado 24h, que cubra doenza, accidentes, responsabilidade civil e repatriación

 O alumnado de ciclos superiores pode realizar prácticas, tanto de FCT como extracurriculares, en calquera destino da Unión Europea.

O alumnado e ex alumnado pode solicitar a súa praza en calquera momento usando o formulario de solicitude.

Porén, hai dúas datas importantes para a asignación de prazas para a FCT:

No caso da FCT, despois das datas sinaladas no apartado anterior:

Non. Só contempla a posibilidade de realizar un curso en liña a través da plataforma OLS.

O centro desenvolve o papel de socio de envío: selección de participantes, xestión da documentación, pagamento da bolsa e xestión do seguro; titoría, certificación mediante Europass Mobility, avaliación do proxecto e divulgación dos resultados.

O IES emite dous certificados, o Europass Mobility coa descrición detallada da mobilidade e o anexo ao Suplemento Europass, que é un certificado oficial en español e inglés onde consta o expediente académico e as horas das mobilidades Erasmus+

Pódense desfrutar até 12 meses (continuos ou descontinuos) en total para prácticas de ciclo medio (incluídas as feitas noutros ciclos, noutros centros) e 12 meses para prácticas de ciclos superiores (de calquera ciclo, en calquera centro).

É posible renunciar á praza pero hai que tentar evitalo porque pode ser prexudicial para outros candidatos ou para a relación que o IES A Pontepedriña ten coas empresas que acollen alumnado.

Quen tiver unha praza asignada e non poida desfrutala (por renuncia, non acceder á FCT etc.) e queira solicitala de novo noutra convocatoria, pasará ao final da listaxe.

Quen abandonar a estadía durante a realización da mobilidade, terá que devolver integramente o diñeiro da bolsa.