PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2026-27

Entre os días 01 e 20 de marzo de 2026, ambos inclusive, ábrese o prazo para solicitar praza no IES A Pontepedriña.

  1. A solicitude será única, no modelo anexo II, que pode recollerse na Secretaría do centro, descargarse na aplicación “admisionalumnado” ou cumprimentarse na mesma aplicación. Se quere descargala PREMA AQUÍ
  2. Tamén pode ser tramitada a través da Sede Electrónica.
  3. A explicación do procedemento, así como acceder a aplicación “admisiónalumnado” atópase na seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  4. Documentación:
    • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
    • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
    • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo II.
    • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  5. Tamén débese manifestar na solicitude se o/a alumno/a utilizará servizos complementarios (Transporte).
  6. Se o/a alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo tamén deberá indicarse e achegar a documentación que acredite as circunstancias alegadas.
  7. Lexislación que regula a admisión:
  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  1. De existir empate na puntuación a Consellería realizará un sorteo que recollerá as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido e ao segundo apelido.
  2. Listado de vacantes para o curso 2026-27 (PREMA AQUÍ)