
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou o Instituto de Pontepedriña, en Santiago de Compostela, para dar a coñecer esta nova ferramenta desenvolvida ao abeiro do Plan de benestar dixital e que forma parte do amplo abano de medidas impulsadas pola Consellería para afrontar os retos e desafíos do uso das tecnoloxías no eido educativo e mellorar a convivencia. De feito, levouse a cabo, de maneira simbólica, a primeira firma do contrato entre un alumno, seu pai e o centro.
O contrato que, segundo explicou Román Rodríguez, “é de carácter voluntario”, baséase nun modelo de corresponsabilidade no que alumnado, familias e profesorado adquiren compromisos compartidos para regular o uso dos dispositivos electrónicos, especialmente fóra do horario escolar. A súa aplicación realizarase a través dos titores, que ofrecerán este acordo ás familias coa finalidade de lograr a adhesión conxunta de todo o alumnado dunha mesma aula.
Máis información en: