O último home de Manuel Cortés

 

Hoxe, os alumnos de 1º de Bacharelato desfrutaron da representación de “O último home”, a cargo do actor e guionista Manuel Cortés.

Trátase dunha obra cómico-poética que mestura teatro, poesía, proxeccións e música en directo de DJRuss. A historia reflexiona sobre a extinción da humanidade, mostrando con humor e sensibilidade como sería vivir sendo o último ser humano, sen traumas nin alarmas, só coa conciencia do que significa formar parte do mundo que destruímos sen reparar nel.

Un espectáculo que combina riso e reflexión, deixando unha experiencia artística inesquecible para o alumnado.