INFORMACIÓN SOBRE O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E FONDOS DE LIBROS DO IES E DA AMPA DO IES A PONTEPEDRIÑA.  LISTAXES DEFINITIVAS. CURSO 2026-27

IES A Pontepedriña informa que se atopan no centro as listaxes definitivas de libros concedidos no Fondo Solidario da Xunta de Galicia, así como os excluídos do mesmo.

Tamén poden consultarse a través da aplicación “Fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) coa chave365 ou certificado dixital.

Desde o día 02 de setembro estarán no centro as listaxes de libros concedidos en préstamo do Fondo do IES e Fondo da AMPA. En ningún caso, pola Lei de protección de datos, podemos publicar as listaxes na web.

Os libros repartiranse ao alumnado entre os días 10 e 18 de setembro.