IES A Pontepedriña informa que se atopan no centro as listaxe provisionais de libros concedidos no Fondo Solidario da Xunta de Galicia, así como os excluídos do mesmo.
Tamén poden consultarse a través da aplicación “Fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) coa chave365 ou certificado dixital.
O prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: do 9 de xullo ata o 13 de xullo.
O día 16 de xullo publicaremos as listaxes definitivas e desde ese día poderán recollerse no centro os cheques de material a disposición das familias.
Desde o día 02 de setembro estarán no centro as listaxes de libros concedidos en préstamo do Fondo do IES e Fondo da AMPA. En ningún caso, pola Lei de protección de datos, podemos publicar as listaxes na web.
Os libros repartiranse ao alumnado entre os días 10 e 18 de setembro.