Informacion sobre o fondo solidario de libros de texto da xunta de galicia e axudas para material curso 2025-26. Listaxes definitivas

  • IES A Pontepedriña informa que se atopan no centro as listaxes definitivas de libros concedidos no Fondo Solidario da Xunta de Galicia, así como os excluídos do mesmo. Tamén poden consultarse a través da aplicación “Fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) coa chave365 ou certificado dixital.
  • En ningún caso, pola Lei de protección de datos, podemos publicar as listaxes na web.
  • Tamén poden recollerse os vales para material escolar, así como os cheques para libros de texto nos casos de alumnos NEE.