Experiencias

Proxecto de curta duración: Mobilidade a Alemania (Weinheim)do 27 febreiro ó 8 marzo de 2023

Proxecto de curta duración 2022-1-ES01-KA122-VET-000077472

Dentro do proxecto de curta duración cofinanciado pola Unión Europea, realizouse unha mobilidade entre o Instituto Johann-Philipp-Reis-Schule de Wenheim (Alemania) e o IES Pontepedriña, co alumnado do ciclo medio de Actividades Comerciais, e tres profesores do grupo: Xosé Barreiro, Borja Bobillo e Carlota Barrera. Nesta mobilidade, o alumnado participante puido asistir e observar coma funciona o sistema educativo alemán e as clases do seu Instituto, participando en diferentes actividades, dentro do proxecto “Lazos Comerciais entre Compostela e Alemania”. O alumnado tamén tivo a oportunidade de facer una visita á SAP e BASFF, e coñecer o funcionamento das distintas áreas destas importantes empresas, pudendo relacionar os contidos adquiridos en cada módulo cos aprendidos nas diferentes actividades.

Para a difusión das actividades o alumnado deseñou produtos para difundir no Instagram , así coma a creación do Blog Compostela en Europa  , tal e como podemos ver nas seguintes ligazóns: 

O IES A Pontepedriña pretende ofrecer unha educación integral, baseada en valores como o respecto, a tolerancia e a solidariedade. Este centro traballa día a día para promover a creatividade, a innovación e o espírito crítico entre o seu alumnado, co fin de formar cidadáns responsables capaces de afrontar os retos do mundo actual.

Job Shadowing  en Oberpullendof (Austria) do 30 maio ó 3 xunio de 2022

Proxecto 2020-1-ES01-KA103-079066  

Dous profesores do IES A Pontepedriña, Xosé Barreiro e Bibiana (ciclos de comercio e marketing), visitaron en Oberpullendorf o centro Bundeshandelsakademie und Bundeshandelsschule Oberpullendorf ,  en Austria. A experiencia foi estupenda tanto dende o aspecto humano como profesional.”