Excursión a Italia

O alumnado de 3º e 4º da ESO percorreu este abril algunhas das xoias máis emblemáticas de Italia: Florencia, Venecia e Milán. Entre paseos inesquecibles, descubriron de preto a súa cultura, historia e monumentos máis representativos.

E, por suposto, non faltou o mellor da gastronomía italiana nin os seus irresistibles xeados.