Calendario e presentacións para o mes de setembro. Curso 2026-27

As listaxes dos grupos publicaranse o martes, día 8 de setembro. As familias que teñan descargado Abalar móbil poderán ver o grupo a través dos seus terminais.

O día 9 de setembro comeza o curso 2026-27 coa PRESENTACIÓN DO ALUMNADO. Para ver o horario de presentación prema aquí.

O día 9 de setembro o transporte escolar non funcionará á primeira hora pero recollerá o alumnado ás 14:25 horas. Desde o día 10 de setembro o transporte escolar funcionará con normalidade.

O reparto dos libros de préstamo do Fondo Solidario da Xunta, así como do Fondo do Ies e da AMPA, realizarase entre os días 10 e 18 de setembro.

AVALIACIÓNS INICIAIS: Entre 14 e 25 de setembro das probas das avaliacións iniciais. Os días 29 e 30 de setembro as avaliacións iniciais.

REUNIÓNS INFORMATIVAS COAS FAMILIAS PARA INFORMAR DAS AVALIACIÓNS INICIAIS: Entre o 13 e o 23 de outubro.