– As listaxes dos grupos publicaranse o luns, día 09 de setembro. As familias que teñan descargado Abalar móbil poderán ver o grupo a través dos seus terminais.
– O día 11 de setembro comeza o curso 2024-25 coa PRESENTACIÓN DO ALUMNADO. Para ver o horario de presentación prema aquí.
– O día 11 de setembro o transporte escolar non funcionará á primeira hora pero recollerá o alumnado ás 14:25 horas. Desde o día 12 de setembro o transporte escolar funcionará con normalidade.
– O reparto dos libros de préstamo do Fondo Solidario da Xunta, así como os do Fondo do IES e Fondo da ANPA, realizarase entre os días 12 e 20 de setembro.
– As reunións coas familias para informar sobre o resultado das avaliacións iniciais e calquera outra cuestión referente o curso do seu/súa fillo/a será entre o 30 de setembro e o 4 de outubro. Informarase ao alumnado do día e hora da reunión para que os pais/nais/titores legais podan asistir.